viernes, 30 de noviembre de 2007

QUE BUENOS QUE ESTAN

Din que os meus gustos en canto a homes se refire son raros, raros, raros. Aqui tendes algúns dos homes máis guapos do mundo mundial ( para min, claro)je.

ANDRIEN BRODY
ANTONIO CARMONA
LEO MESSI
JOSE MERCE



ENRIQUE BUMBURY


PD: Collinme uns días no curro por asuntos propios asi que hasta que volva ó choio vou estar sen ordenador (ata o 6 de decembro), intentarei escribirvos se teño ocasión. Moitos bicos a todas/os e a coidarse na miña ausencia.

jueves, 29 de noviembre de 2007

ESE MESSI


Parezo unha quinciañera fan tipo "Take that", pero e que ademáis de ser o mellor xogador do momento (tiña que ser do Barca) é guapísimo. FARÁ HISTORIA.

martes, 27 de noviembre de 2007

FRIO/CALOR

PI,PI,PI, son as 7:00, imposible, ¡pero se acabo de cerrar os ollos! (pasaran 5 horas de eso), media volta, zzzzzzzz. PI, PI, PI, ¡ xa vou ño!, saco un pé da cama, ¡ que frío!, achis, achis (polo menos uns 6 estornudos seguidos cada mañá). Armome de valor, desnúdome e a ducha, que p frío, agua o máis quente posible, champú por aquí, gel por alá, ai que gustiño xa entro en calor. Saio, sécome, poño braguitas e sujetador e seco o pelo ( en plan Maru no salgo e casa sin mi pelo requetepeinado), uffffff, que calor!. Con tanta auga quente e secador acabo sudando. Vístome,que sofoco,teño que facelo pq non podo ir en braguitas ó traballo, que calor. Baixo á cociña, zumo de naranxa e 2 kiwis para a miña barrigota, poño a tele nas noticias e .... BUALA! a miña temperatura corporal estabilízase, nin frio nin calor. Collo as chaves e......... ÑO, ¡ que frío, que vento!, corro como se dí aquí " a fume de carozo" e métome no coche, calefacción ó máximo e música maestro. Baixo a calefacción porque case non respiro do bochorno, aparco e a currar cun frio que te cagas..........

domingo, 25 de noviembre de 2007

SEJETADORES, ANASTASIA, CACADORAS....




Onte estiven no mercadillo de Rianxo, gústame ir sempre que podo, aínda que non merque nada, ese olor a churros recen feitos, os veciños paseando coas súas mellores galas, os nenos requetepeinados e pedíndolle de todo ós seus pais, os feirantes frotándose as mans e rezando para ter un bo día de ventas....

Neste ambiente escoitei en varias ocasións frases que me fixeron moita gracia,algunhas son de conversas con familia, amigos.. e hai outras que son de cosecha propia.

Aqui poño algunhas das mellores que escoitei, dixo, dixen:

1. Feirante: ¡ Sejetadores, sejetadores a 2 Euros! - (sujetadores)

2. Coversa entre miña nai e unha veciña, esta, dille a primeira: ¡ Din que non operaron ó señor Manolo porque é alerxico á anastasia! - (anestesia)

3. Feirante: ¡ Cacadoras de saldo, llévate una cacadora de última moda por 10 Euros! - (cazadora)

4. Loli, e xa coñecida por vos : ¡ Non lle pidas peras ó lobo! e ¡ Callo borriquero! - ( olmo en vez de lobo, cardo en vez de callo)

5. Feirante: ¡ Llévate tres bracas y paga sólo una! - ( bragas)

6. A misma veciña de antes pero falando conmigo: ¿ Sabias que a filla do panadeiro fíxose a lipousousión? - ( liposucción)

7. Feirante: ¡ Llévate esta que estopida! - (tupida)

8. A miña nai: ¡ Ti non te queixes si despois che veñen replesalias! - (represalias)

9.Feirante: ¡ Tienes el pobador ahí al lado, póbalo sin compomiso! - ( probador, pruébalo, compromiso)

10. O meu pai: ¡ Fai un frio que arde! - (pela)

11. Loli: ¡ Baixa para arriba agora mismo!
>

¡ ESTO ES TODO POR HOY AMIGOS!

viernes, 23 de noviembre de 2007

VAI POR TI E




Víchedes que foto máis bonita? é o porto de Rianxo antiguamente, daquela non había o malecón de hoxe en día para parar as olas e evitar que a auga chegase ás casas.

Pois tanto a foto, como o meu novo reloxio e o tempo están hoxe aquí gracias a E, mira que tivo paciencia porque hasta cortar e pegar o tiven que facer dúas ou tres veces para que me saise je.

Son moi patosa con esto das novas tecnoloxías e a verdade é que saco de quicio á xente, sobre todo a Carlos, aínda que tampouco ten moita paciencia conmigo (podes rebatir o que queiras cari).Eva díxome os pasos que tiña que seguir moi ben, explicoume as cousas varias veces e finalmente conseguin facelos cambios que quería, e non se desquiciou dos nervios no proceso, ou polo menos eu non o percibin,(pode que nalgún lugar da fría Alemania se esté tirando dos pelos)jeje.

jueves, 22 de noviembre de 2007

CANTA IGNORANCIA

Non me canso de decir que son moi ignorante, hai tantas e tantas cousas que non sei que a veces dame a sensación de que os poucos coñecementos que teño caben dentro dun tubo de agullas. Gústame rodearme de xente que sabe moitas cousas, e que sabe de todo, para ver si se me pega algo jeje.

Menudo susto pasei onte por culpa da miña ignoracia. Estaba no ordenador do traballo visitando os blogs cando de repente oín moverse o ascensor ( si, ese de cristal que tanto lle gusta os diabliños dos que xa falei) e cagueime pola pata abaixo. Pensei ¿como ñons se move o ascensor se non hai nadie agás eu no museo?. A porta da entrada estaba cerrada (pero non con chave) e aínda non empezara a hora de visitas do museo.

O primeiro que se me ocurreu foi gritar : Manoloooooooooooo! baixa un momento porque teño un problema coa subvención de medio rural? (Manolo é un compañeiro de traballo que non estaba nese momento).Asi, se entrara alguén podía coller medo e irse ó saber que non estaba soa. Esperei un pouco, pero non pasaba nada, ata que finalmente se abre a porta do ascensor. Estaba cagando patatillas e imaxinándo un gran sable que en breves atravesaría o meu estómago.... Seguin esperando detrás da columna do despacho esperando o meu amargo final ...pero coño, o final non daba chegado. Continuei naquela parede uns dez minutos máis ata que chegou Juan, outro compañeiro.

Conteille o sucedido tatexando do medo que tiña; él, non paraba de rir e esto empezaba a mosquearme cada vez máis. Cando rematei de relatarlle todo dime: "non hai ninguén, o que pasa é que o ascensor de vez en cando sube e baixa e abre as portas por cuestións de mantenemento, está programado para que faga esto". Velaqui tendes a miña ignorancia, non sabía que os ascensores facían esta función..... e eu que pensaba que chegara a miña hora.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

- 4 PUNTOS

http://farm1.static.flickr.com/191/488474471_60c9ec4228_o.gif


Fai catro meses colleume o radar, iba a 93 km nunha zona limitada a 50 km/h e ademáis dun sablazo de multa e 6 puntos menos teño retirada de carné de un mes. Non me podo queixar porque incumplin unha norma de tráfico e debo acatar as consecuencias dos meus actos. Entregarei o carne en febreiro (por eso de que ten un día menos o mes jeje) e nese período non podo tocar o coche (sólo para lavalo e porlle cera).

Indignación, foi o primeiro que sentin cando o meu irmán me contou a burrada que fai un compañeiro seu de traballo. Este "parásito da sociedade" dedicouse a perder puntos polas estradas por diversas infraccións (exceso de velocidade, adiantamento prohibido...) e a semana pasada colleuno o radar a 130km/h sendo o límite 50, esto trouxo consigo, multa, retirada de carné e 6 puntos menos, só lle quedaban 2 así que agora ten -4.

O tio este, lonxe de cumplir coa sanción, conduce o seu BMW sen carné, di que necesita conducir para ir ó traballo. ESTO ESTÁ QUE ARDE! -4 puntos e conducindo por ahí con retirada de carné, como se pode ser tan inconsciente?

martes, 20 de noviembre de 2007

SEREI PARVA, OU MELLOR DITO COMO DIRÍA EVA: TONTA TOTAL

http://www.javiersanchez.es/images/uploads/ENFADO_CARA.jpg




Creo que xa comentei en algúnha ocasión que no meu traballo actual me teñen de comodín, ademáis de levar a cabo un programa de sensibilización medioambiental tamén teño que abrir ó público o Museo do Mar do concello, a entrada é gratuíta e pode entrar todo o mundo (é o único espacio público do concello con ascensor e rampla para persoas con discapacidade física).

Fai 3 semanas entraron 5 rapaces duns 10 anos ó museo, a súa visita polas salas non chegou ó minuto porque o que lle facía gracia era subir e baixar no ascensor que é case todo de cristal. Maldita sexa a hora na que lles deixer xogar nel durante uns minutos. Eu que pensaba que eran uns nenos moi agradables......... Caca, culo, pedo, pis.... Detras desas caras de nunca romper un prato había 5 diabliños.

Como non paraban de vir tódolos días a xogar no ascensor tiven que chamarlle a atención, primeiro de bo rollo, logo un pouco máis seria, despois pasei a un tono máis amenazante e na de na, volvo probar en plan colega, de mediadora, mais tarde de autoritaria............ Joderrrrrrrrrrr, non mos saco de encima: que si entran, dan un grito e píranse correndo, que si me pegan cromos de Songoku na porta do ascensor, que si se encerran no baño.... Agora probei a ameazalos con chamar ós seus páis a casa ou ós membros de protección civil do concello pero non hai maneira con eles.

Fun borde,incluso un pouco desagradable vendo que as outras tácticas non me funcionaron pero estes teñen sete vidas como os gatos. NECESITO AXUDA, como me desfago destes mocosos

viernes, 16 de noviembre de 2007

PINCHOS DE COLORES

Algún día tiña que ser Maru, chegou, este é o día. Supoño que algunha de vos xa coñece a historia pero faime tanta gracia que a volvo a contar. Igual pensaredes, "pois a min non me fai partir o cú esto que contas", pero de verdade, tíñades que estar alí e ver como o dixo.

- Situación: FESTA EN PISO DE ESTUDIANTES, ANO 99 (creo)!

- Invitados: amigos de Maru( Lucía, Luís... non recordo o nome dos demáis) e amigos de Loli ( Antía, Jorge, Alexandra.....)

- Trama: Entre as dúas fixemos a comida, cada unha na súa especialidade, Maru as croquetas, empanada... y eu tortilla de patatas. Xa tíñamos case todo preparado, bebida a fartar e comida para unha semana. A xente comezou a chegar, bicos para todos e mentres esperábamos a que chegasen os típicos tardóns, fomos bebendo uns viños cos amigos que xa chegaran. A Maru, tras inxerir algúns vasos empezou a porse nerviosa: aún no me he arreglado el pelo, nos llegará la comida? ¿que te parece si hacemos los pinchos de colores?. Eu díxenlle que era mellor que sobrara que que faltase comida, así que decidimos facelos.

Maru colleu unha cabeza de repolo, envolveuna en papel albal e o traballo consistía en espetar palillos que levasen pan bimbo, queixo, aceitunas, xamón, piña... Mentres eu poñía música e colocaba a mesa, ela facía os pinchos, nese tempo acabaron por chegar todos . Vendo que xa podíamos empezar, Maru díxome que acabara de facer a bola de pinchos mentras ela acababa de planchar o pelo. Eu que estaba media piripi dispúxenme a rematala faena: un pincho de queixo e aceituna por aqui, un de xamón e pimento por ala.... De repente aparece a Maru con cara de "no puedo con mi vida" e dime : que haces, esto no está simétrico, no ves la secuencia de colores que estaba hecha?, sólo tenías que seguirla, pimientos con pimientos (rojo con rojo) aceitunas con aceitunas (verde con verde)... Ahora tengo que arreglarlo". Todos nos tronchamos de risa, dende entón suelo "puteala" con esta frase. Foi moi gracioso, a bola de pinchos non estaba simétrica!

jueves, 15 de noviembre de 2007

AYER LA VI

Había como un mes largo que non a via, tivo que ser nun hospital, pero eso é o de menos, o importante era que alí estaba, con uns vaqueros e un xersei a raias azuis, canto tempo esperando ese abrazo, POR FIN! a Maru e a Loli fundidas nunha aperta moi esperada.

Dedicámonos un par de piropos, dos de verdade, deses que sabes que son sentidos e logo puxémonos ó día do que nos sucedera nas últimas horas que pasamos sen comunicarnos (apenas 5 ). O tempo pasou voando, dúas horas non nos chegaron a nada, e de que falamos? pois vóuvolo contar todo, todo:

1. Do blog, do ben que o pasábamos escribindo e lendo os comentarios, de que a Maru se sentía máis cerca da súa Sis e de que a min me servía para coñecer mellor a E.

2. Do ambiguo, de Ri (sólo un par de cousas eh? que Maru xa o ten super olvidado je)

3. Da miña irmá que se recupera pouco a pouco e do meu avó que se dedica a tocarlle as tetas ás enfermeras (é o que ten que che saquen do teu hábitat os 91 anos).

4. Da nosa época de compis de piso e da xente que coñecín a través dela (de algunhas tiven que refrescarlle a memoria en canto a días de troula que non recordaba je)

5. Dos seus avós e pais, ¡que ben me tratan cando vou a visitalos!.

6. Da bufanda do ambiguo, que ten algún fallo insignificante, ela que é tan perfeccionista con un fallo na calceta!, non me podo creer que non a desfaga e a poña simétrica jeje.
7. De cando se marchaba para facer o master, snif! como a vou votar de menos.....

8. DE IRNOS DE VACACIÓNS XUNTAS, SI!!!!!!!! a Asturias, quizáis Valladolid e así igual poderíamos ver a Pilar.

9. Este punto é para que a Maru añada o que se me pudera olvidar, je.

Despois tocou a despedida, o deber chamábanos, Maru tiña que ir a calcetar e eu voltar a xunto a miña irmanciña. Outro super achuchon, acompañamento a porta de saída y se acabo.... a Maru foise.

GRACIAS POLO BO MOMENTO QUE ME FIXECHES PASAR. QUÉROTEEEE!

miércoles, 14 de noviembre de 2007

A DIOS POÑO POR TESTIGO QUE XAMAIS VOLVEREI A POÑER TACÓNS

Son alta, mido un 1,75 e dende pequena sempre era a máis enorme da clase (a lo largo y a lo ancho je) e debeu ser esa sensación de estar arriba e os demáis a unha cabeza menos o que me levou a case non usar tacóns. Poñoos en ocasións que o require e pouco máis porque ó non estar acostumbrada a usalos, parezo un pato mareado andando con eles.Co que vos vou a contar entenderedes que non queira saber nada máis deles, son o meu peor enemigo.

Onte puxen tacóns, a razón de tremendo erro foi que puxen falda (unha moi mona que subirei co das camisas estilosas je) e claro, a falda pedía tacóns. Total, que me fun o supermercado de toda a vida a coller algo para a cea, estaban de obras porque van a ampliar o establecemento. Cando entraba tiven que oir algunha guarrada tipo (nena!, menudas pernas que te gastas...!) de un dos obreros; o de sempre, que hai gilipollas que sólo miran o que miran e nin sequera che ven a cara, xa podes ser un "callo borriquero" que si levas falda... Rematadas as miñas xestións e con un kilo de carne picada e spaguetis dispóñome a sair. Xa me doían os pés e eso que non levaba nin unha hora cos tacóns e a miña inseguridade á hora de camiñar con aqueles 2 cm de empezaba a agobiarme.

Ca bolsa na man, e o móvil na outra lendo un sms saio en dirección o coche, de repente oio "coidado", como había un montón de obreros pensei que falaban entre eles e que non ía por min. Pero si ,era por min, acababan de poñer un andamio na parte de arriba da porta de saída e como estaba lendo o sms non me dei conta. TREMENDO CABEZAZO me dei contra o andamio, os tacóns non aguantaron a presión e pataplaf! o chan. Desta vez véuseme a hucha y demás. Outra vez de mil coloressssssssss. Un dos obreros axudoume a incorporarme e díxome ¿pero ti non oistes que che dixemos coidado? . Eu mireino con cara de "no puedo con mi vida" e coa pouca dignidade que me quedaba metinme no coche e arranquei como alma que lleva el diablo. PUTOS TACONS.

A xente do meu redor dime que o que non me pasa a min non lle pasa a ninguén e a verdade, é que me pasan historias destas a miudo, a Maru sabe moitas delas, un día farei unha entrada sobre algunhas e poderes reirvos un cacho das miñas meteduras de pata. BIKIÑOS

lunes, 12 de noviembre de 2007

DUAS EN UN

1ª MINI ENTRADA:

- Asunto: O Rei e compañía a petición de Pilar je


1. O super monarca democrático



Juan Carlos, King Of Spain Caricature

2. Hugo o lidel elexido democráticamente


http://www.jotacaricaturas.com/imagenes/caricaturas/chavez.jpg




3. O terceiro pero non menos democrático


Caricatura de Jose Luis Rodriguez Zapatero


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡SOBRAS AS PALABRAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

2ª MINI ENTRADA

- Outro asunto: ¡ Que calor!

Estou de mil coloressssssssss, acaba de entrar o meu "jefe" e para deixar que se sentara na silla do lado saquei o meu bolso (aberto, nunca pasa a cremallera) con tan mala sorte que me caeu ó chan e tódalas cousas que estaban dentro tamén. El dixo: "espera que che axudo a recollerr ", eu contestei: " non te molestes" pero insisteu. Total que me recolleu as compresas, as fotos que tiña reveladas co meu mozo en actitude "cariñosa", clinex usados que aínda valían para unha última sonada, chaveiro do Barsa... Que calor me entrou, o mellor foi cando me dixo ¿ eres do Barcelona?, Si contestei, Ahhhhhhhh! pois eu son do Madrid. A parte de xefe, ribal para sempre je je.


domingo, 11 de noviembre de 2007

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!





Happy verdeee...


!HAPPY VERDEEEEEEEEE!



Teño unha familia numerosa, somos 8 irmáns, 4 mulleres e 4 homes, todos son os meus amores, con cada un teño unha relación diferente porque claro, todos somos diferentes je. Hoxe é o cumpreanos de Eva (edade sen determinar) e quero felicitala.

Quería facer algo especial porque ademáis de que o merece a ocasión, necesito que sepa que a quero moito, pero moito, moito. A miña relación con ela é a de amiga, confidente, cando teño un problema é a primeira persoa a que acudo .

Pero a veces distanciámonos, as dúas somos moi cabezonas e temos piques tontos que lonxe de resolveR, agrandamos e chegamos a facernos dano a unha a outra. Cando estamos ben disfrutamos moitísimo da nosa "irmandade" pero cando nos entra a vena "guerrilleira" somos o peor do peor; algo así como o Rei e Hugo Chavez je. Nestes momentos estamos inmersas nun deses enfados absurdos e aínda que ela leva un par de días intentando acercarse eu non llo puxen nada facil. Sentíame doida e non me apetecía ter que facer borrón e conta nova pero hoxe pensei en varios cousas que me fixeron reflexionar:

1. A primeira e máis importante razón é que é a miña irmán e sobre tódalas cousas QUÉROA INFINITAMENTE.

2. Deberíamos disfrutar máis a unha da outra porque pasámolo ben xuntas e sería absurdo desperdiciar moreas de bos momentos.

3. Sempre está ahí para axudarme no que sea e ten moita paciencia coa inseguridade que me caracteríza.

4. E moi detallista, sabe o que me gusta, o outro día mercoume unha zapatillas de casa de colores que me encantaron je.

5. E un estandarte moi importante na miña familia, os meus pais aconséllanse en ela e todos a temos en conta porque sabe o que é o mellor en cada momento.

6. A veces, é dura conmigo, pero sei que se non fose así non aprendería a ser mellor persoa, ela ensíname a ser mellor persoa.

7. Nestes momentos duros polos que pasamos deberíamos unirnos máis que nunca e non perder o tempo distanciándonos.

8. Exerce como madriña do seu afillado como ningún, e gustaríame que se teño a gran sorte de ser nai algún día fose ela a madriña dun retoño meu.

9. Fai moi ben de comer, sobre todo a tortilla de patatas, que según o meu mozo é a mellor que probou nunca.

10. AHHHHHHHHH! e por último e non menos importante, este ano aprobou as oposicións de mestre- especialidade en pedagoxía terapéutica, así que, os seus infresos económicos aumentarán e non me conven enfadarme con ela jijijijjij.

Por todo isto e outras moitas cousas:

¡
QUE SEPAS QUE CHE QUERO E QUE CHE DESEXO MOITAS FELICIDADES!.



viernes, 9 de noviembre de 2007

VESECHE A HUCHA LOLI

Eso foi o que me dixo a miña irmán no hospital o día antes de operarse. Menuda gracia me fixo, e máis cando me dei conta de que estaba rodeada de médicos e enfermeiras que enseguida adiviñaron que era eso da hucha... todos reíndose a carcajada limpa.

Miñas irmáns y eu cando vemos a alguén que ó abaixarse se lle ve parte das nalgas decimos que se lle ve a hucha. Pois a min pásame a miudo, da igual que leve pantalón de cadera ou que sexa máis subido de cintura que cando me agacho a coller algo sempre enseño a hucha.

Ese día estaba retirando un café da máquina expendedora e como de costume sucedeu, miña irmán díxome "Véseche a hucha Loli", e eu contesteille : que novedade!. Cando me dou a volta co café na man vexo a varias persoas vestidas de verde e con fonendos ó redor do cuello reíndose da miña hucha. Finalmente sumeime ás súas risas porque non me quedaba outra jeje.

jueves, 8 de noviembre de 2007

LUZ E OSCURIDADE

Estes días foron ... como decirvos... desgarradores... Supérame esa sensación de pensar: "xa está, esto é o que vai pasar, cando antes o asimiles mellor", é duro ter que facelo, pero máis duro é que cando estás intentando asimilalo, a situación dea un xiro de 360 grados e outra nova sensación che invada :" aínda hai esperanza, non está todo perdido".

Por suposto prefiro pensar na segunda situación pero teño medo, medo de que cando me dea a volta teña que volver a concienciarme de que xa non ten arreglo. Pasas de velo todo oscuro, todo negro, de sentir que algo che vai faltar para sempre... a atisvar un raio de luz, a pensar que pode haber unha tregua... Un pouco de oscuridade, un pouco de luz...

Levo dous anos con estas duas formas de ver, sei que as cousas non son matemáticas e menos nunha enfermidade, ahora si ahora no, luz, oscuridade, luz, oscuridade.... OSCURIDADE.......... levamos 3 horas e 54 minutos de LUZ..............¿voltará a oscuridade?......... Polo de agora como di a Maru " a disfrutar del momento". Bikiños a todas e perdón por esta ida de olla.