domingo, 30 de diciembre de 2007

NON ME ACORDO DO TÍTULO

Sintoo Di pero escribir esta entrada sen pasar 24 horas do día D ten as súas desventaxas, como estar resacosa e non recordar o título que ideamos para esta entrada. Vou tentar facervos un resumen da primeira reunión de esta nosa comunidade.

- Chegada á Guarda, que non á Guardia as 20:00 horas. Non soporto oir decir Rianjo nin San Jenjo, polo que debo actuar en consecuencia e decir A Guarda a pesar de que me siga soando mellor A Guardia jeje.

- Blogueras/o: Vou para a casa da Maru, encóntroa polo camiño,que alegría, bicos e abrazos. Xa na casa bicos a Eva e Martin e por suposto a Alba e ós seus avós. Na cea que describirei máis tarde estou con Diana e a Carol non tiven ocasión de vela foi unha pena.

- Alba: unha cousa son as fotos e outra é vela en persoa. É unha pasada de nena, moi espabilada, sempre con unha sonrisa na boca,a pesar de estar enfermiña portouse como unha campeona. Sabe facer moitas cousas: como beber polo vaso, ten un coche polo que empuxa e xoga a pillarche, ós seus 11 meses fáltalle un nada para andar, sabe poñer carotas feas no espello do cuarto de baño e gracias a Dios non son tan feas como as que pon a súa tía jeje. Recoñece os cuadros que pinta o seu bisavó. Ten un gusto moi estiloso, regaloume unha bolsa de flores naranxa e unha agua de colonia, Gracias Alba.

- Cena: Tivemos dúas baixas, Eva e Martin estaban malitos cun virus estomacal e non puideron vir. Foi unha pena e tamén a causa dunha "mini bronca", explícome. Cando chegamos ó restaurante (moi estiloso por certo) dixemos que non éramos 9 senon 7 porque dúas persoas non puideran acudir, a camarera díxo falando moi borde que tíñamos que haberlle chamado avisando do cambio, de nada lle serviu que lle dixéramos que foi unha decisión de última hora, foi unha impresentable. Non me vou enrollar demasiado con ela porque non merece a pena pero tivo lindezas como decirnos que nos levantáramos os 7 a un pasillo a ver os postres, insisteu varias veces ata que finalmente nos dixo cales había e non tivemos que levantarnos. Pasámolo moi ben, contáronse varios chistes, aqui deixo o de Ri por ser corto: "¿ Que lle di un feixe de herba a outro? Estamos apañados", o do caracol de Di tamén estuvo moi ben.

- Marcha, queremos marcha: había un montón de xente nos pubs,bebimos con moderación e bailamos ata as 7 da maña que os nosos tacóns dixeron basta. No camiño de volta tiven que descalzarme porque os meus pés non podían coa súa vida con aqueles 3 centímetros de tacóns.

- O día seguinte: comida en casa de Maru, que rica a sopa de pescado que fixo Eva, tivo que pelear co peixe para facer os tacos, suerte que non os fixo a Maru senon aínda estaríamos agora esperando porque estaría facendo uns tacos simétricos jijjij. E non son rencorosa eh.Aproveito para disfrutar de Alba antes de irme, visitamos ós avós de Maru e Eva, café con Diana e Ri e despedida...

- Resumen do resumen:

1. Como sempre agradecer a Emi e a Milu as súas atencións, que ben me tratan e fanme sentir coma na casa. Tamén a Emi que me descubrise dous libros que sen dúbida penso leer.

2. Alba é preciosa, que ollos, que alegría, en definitiva, unha maravilla. Quere vivir, non quere dormir!.

3. Eva, en persoa pódese ver mellor o traballo de André, está moi guapa,e teríades que vela con Alba, teñen unha gran complicidade, caíaseme a baba véndoas xuntas. Espero que a próxima vez podamos vernos, pero esta vez sen virus eh, pobriña!.
4.Martin, o pobre caeu enfermo co virus e tivo que ir para a cama, pero alegreime de poder velo antes de que pasase eso e falar un pouquiño con el.
5. Maru, simpática como sempre, a miña media naranxa, a miña Maru.
6. Diana, a sorpresa da noite, puden coñecela un pouco mellor e todo o que vin nela me gustou, temos fotos que espero podamos subir ó blog.

7. Ri: alí o estaba co seu cambio de look e coas súas gracias, fíxonos pasar un bo rato.

8. Sonia: amiga de Maru e Diana, caeume moi ben e espero que se anime a entrar no mundo dos blog.

9. Marisol e Luis, la parejita, xa os coñecía, son moi agradables.

10. Estado actual: lamentable, resacosa e con un posible virus ás espaldas, pero non pasa nada, a resaca mañá desaparece, e o virus antes ou despois pasaría pola miña casa asi que canto antes mellor je.

11. O malo: ter que irme sen ver a Ka, pero bueno seguro que na próxima nos veremos, bicos na distancia. O puto virus que entrou na casa Alonso e fixo que Alba o pasase mal con retortixóns.

12. O que me levo ó peto: a sonrisa de Alba, poder ver a Di e a Eva e falar con elas fora do blog e o mesenger, uns cuantos chistes un fin de semana divertido e no que sobre todo me puden relaxar, GRACIAS POR TODO A TODOS.

A próxima quedada ten que ser macro asi que Lu, Pilar, Ka e Nat xa sabedes.... Bueno, vale, Nat teno máis difícil pero todo se andará.

miércoles, 26 de diciembre de 2007

OS TRES CONTEDORES BARRIGÓNS

A miña compañeira de traballo y eu estamos preparando un programa de sensibilización medioambiental para levar a cabo nos colexios e institutos da zona. Temos que chegar a tódolos niveis educativos e polo tanto, a tódalas edades.
O programa está centrado na separación de residuos e a reciclaxe, para os alumnos de 3 anos pensamos en inventar un conto para transmitirlle algunhas ideas.
A trama da historia falaría de tres contedores cunhas barrigas moi grandes, a un gústalle comer papel e cartón, a outro restos de comida e ó último plástico, son moi felices ata que a xente lle empeza a dar de comer cousas que non lles gustan, como por exémplo darlle unha monda dun plátano ó contedor que só come papel e cartón.... Os contedores empézalles entón a doela barriga......
Nestes momentos estou empezando a darlle forma ó conto pero gustaríame saber que opinades. ¿creedes que a través desta historia os nenos de 3 e 4 anos entenderán a importancia de separar o lixo e votalo nos contedores correspondentes?

sábado, 22 de diciembre de 2007

42473




Tal día como hoxe pero do ano 2003 tocou o gordo a escasos 3 metros da miña casa, nun bar dunha aldea dun pobo dun concello dunha provincia da Coruña, o bar Lino, no Araño!
Aquel día foi increible: tocara o GORDO nunha aldeiña, non era o de sempre en plan gran cidade, non, non, foi no Araño, en Rianxo.
O malo dese día foi non poder disfrutalo en vivo e en directo,levaba apenas 2 meses traballando e doume reparo pedirlle o día libre ó xefe para ir á miña casa, ó bar de toda a vida a celebrar o acontecido, polo que tiven que vivir a emoción a 80 kilómetros. Arrepíntome de non haber saido correndo no coche e estar naquela festa, sobre todo porque ese día o meu avó que levaba uns dous anos na cama decidiu levantarse e ir ó bar, era millonario e a ocasión merecíao.Non puden ver como ós seus 86 anos, él que digamos non viveu nunca na abundancia agora tocáralle a lotería.Foron moitos os veciños que tiñan un décimo, non quero caer no de sempre, en decir que tocoulle a quen lle facía falta pero foi así. Toulle a familias que o necesitaban, o gordo sacounos de hipotecas, de vivir agobiados, de non chegar a fin de mes...
Xa fai catro anos diso é o balance que podo facer pasa por ter un coche , é a miña única posesión je pero é meu, gracias ó meu avó , e a vez á miña nai porque él reparteu ás fillas e as fillas ós seus fillos..... Preferiría non ter coche, que aquel día non pasase nunca e que él estivese aquí.

Hoxe tocou o gordo, como tódolos anos, e entre outros lugares tocou en dous sitios de Galia: Santiago e Carballo. Noraboa ós agraciados.

jueves, 20 de diciembre de 2007

¿SEREI PAPÁ NOEL ESTE ANO?




Odio estas fechas, deprímenme, voto de menos a xente que xa non está, sobre todo este ano que apiques estiven de poder pasalas con él, pero o final non puido ser, canto me vou acordar de ti avó!. Cando estrañas á alguén non importa que día é, nin que hora, nin sequera por qué te acordastes desa persoa en ese instante, pero o certo é que nestas fechas recórdaste máis dos que xa non están. A pesar de non soportar esta marea roja da navidade,disfrázome de Papá Noel para os meus sobriños,un disfraz en condicións medio comprado-medio feito por min jeje. Todo comezou fai dous anos por ser un intento desesperado por facer rir a miña irmá e conseguino, conseguino con creces porque son un Papá Noel moi improvisador (dise así?)... O ano pasado, a miña irmá dixo: non te disfrazas outra vez de Noel para Lucas?) e claro, non puden negarme.
Este ano volveumo a pedir pero a miña nai non lle chista moito a idea porque lle parece unha falta de respeto de cara ó meu avó. Sei que non ten que ver unha cousa coa outra pero agora atópome entre a espada e a parede: ou me disfrazo do jodido Noel e fago felices ós meus sobriños ou non me disfrazo e a memoria do meu avó estará impoluta e miña nai estará tranquila.
A miña nai ten unhas costumbres e ideas un pouco antiguas pero a estas alturas da súa vida é moi difícil facerlle ver que está equivocada.
Non teño ningunhas ganas de facer de Noel, si o fago é por a miña irmá, polos meus sobriños..... acaso lle falto ó respeto ó meu avó? que opinades? Estou feita un lio, a conciencia está traballando demasiado no meu interior.....

viernes, 14 de diciembre de 2007

ALTO

O meu avó sempre decía que o día que o levasen da igrexa ó cementerio sería o home que fose máis alto da parroquia porque tiña uns netos moi altos. Onte 4 dos meus irmáns cunhas alturas entre 1,90m 1,89m 1,86 e 1,88m levárono a descansar.¡Ias alto, avó como ti decías!.
Era un home polémico, na aldea todos o recordan como o "señor Che", ese que tiña un carácter de raios.
Pero eu que fun moi lista (ji) recordoo doutra maneira (gracias a miña volta ó pasado), para min quedan o "arre cabalo" , o "dincolin dincolin",a súa experiencia na guerra, o seu humor negro que poucos sabíamos entender, a súa peculiar forma de estalar os dedos e os poucos bicos que me deu, poucos pero de corazón.
Agora podes descansar, xa nada che perturba, xa ninguén che molestará, agora tes esa paz que tanto tempo viñas desexando.
HASTA SEMPRE AVÓ, quísoseche, quéreseche e quereráseche.

martes, 11 de diciembre de 2007

ANTON PIRULERO

Hoxe pola mañá fun a levar a meu sobriño Lucas ó colexio antes de entrar a traballar. Ivamos no coche escoitando música cando o neno se puxo a cantar a seguinte canción:


(si pinchades na partitura podedes ver a letra jiji)

Tiña totalmente olvidada esa canción, pero seguía nos meus recordos porque cando comezou a cantala pronto recordei a letra. O escoitala sentín unha enorme alegría e recordei os meus día no patio do colexio cantando esta canción. Seguin pensando e díxenme: ¡ pois si que debín ser feliz de pequena para sentir tanta alegría con esta canción!.

Hoxe é un día alegre, viva Antón Pirulero.


SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII! A miña irmán porfin en casa,despois de 1 mes e 5 días, podemos respirar.
Escoitar á Antón pirulero era un anticipo do día tan alegre e feliz que vou a pasar hoxe. (perdoa Eva pero tiven que añadir este novo cacho á entrada).

lunes, 10 de diciembre de 2007

UN REGALIÑO




Xa comentei en algunha ocasión que me encanta facer todo tipo de manualidades, dende fai un mes estou aprendendo a facer broches de fieltro que son a última moda.Os que están nesta foto non son feitos por min, solo é para enseñarvos as cousas tan bonitas que se poden facer con un pouco de fieltro e imaxinación

Como na nosa comunidade somos super estilosísimas deixo aquí o meu e-mail: tontolaba1980@hotmail.com para que me mandedes a vosa dirección ou se queredes poñédea aqui, como gustedes. Quén desexe recibir na súa casa via correo ordinario unha das miñas obras maestras xa sabe o que ten que facer jeje.

viernes, 7 de diciembre de 2007

A TEMBLAR QUE ESTOU DE VOLTA



Despois de porme ó día nos vosos blogs terei que facer a miña entrada. A verdade é que levo máis de unha hora diante do ordenador e non consigo escribir algo que me convenza, todo o que intentei poñer acabeino borrando porque era triste. Asi que me dixen: vou ir ó baño, lavo a cara e volvo a sentarme para escribir algo que cando menos non sexa deprimente.... que non se diga ño!
E claro, estando no baño pensei en algo que me pasa moi a miudo así que vou falar sobre os peidos, gases, flactulencias... ou como lle queirades chamar, a pesar de que Carlos diga que é algo asqueroso para un post. Sede totalmente sinceiras/os, quen de vos nunca tivo problemillas deste tipo?. Se a alguén lle parece demasiado noxento que pare de ler XAXAXAXAXAXAXA! je je.
A miña nai dixome unha vez que comer cebola produce gases polo que intento non tomar demasiada (encántame), tamén procuro afastarme do café porque cada vez que o tomo vou pola rúa en "suspensión" (tirándome peidos todo o camiño). Dende que teño uso de razón os gases forman parte da miña vida diaria e fanme pasar auténticos apuros, da igual o que coma ou deixe de comer que non me deixan en paz.

Aqui vos deixo dous dos momentos máis vergonzosos:

1. Cena en casa de amigos, era verán e a pesar de ter unha boa terraza os anfitrións decidiron cear no salón, todo ben ata que me deu o apretón. Coa excusa de ver a lúa saio a terraza e desafógome, cando me dispoño a entrar vexo que todos saen co café na man para ver a noite estrelada conmigo. Non sei se chegarían a ver a lúa porque metéronse dentro outra vez en cuestións de segundos.

2. Saida da sala de cine, despois de comer palomitas e gominolas o meu estómago parecía estar a xogar un partido de fútbol. Vou ó baño (está petadísimo, unha cola enorme), Carlos espérame fora, aguanto como podo as ganas cunha dor inmensa por non poder votar fora todo o que levo dentro, cando porfin me toca, sigo aguantando porque hai demasiada xente. Pasan uns minutos e por fin quédome soa. Con total libertade deixo sair o que me viña molestando na última media hora de película. Como tardaba tanto, Carlos, abre a porta do baño e di: "Loli, estás ben, segues ahí?. Si, si, sigo aqui pero estou "peideando" tio, espera!. Cando saio, vexo dunas rapazas retocándose a maquillaxe,merda! non estaba soa como eu creía.

Teño algunhas máis pero por temor a ferir a sensibilidade de alguén vouno deixar aqui pero non sen antes decirvos un truco que a min me funciona:






Se vos tumbades na cama coas pernas para arriba é máis facil que saian. Seguro que antes ou despois teredes en conta a miña recomendación je. BIKIÑOS