miércoles, 27 de febrero de 2008

COMENTAR COMENTAREI LOJIÑO DE CLAREAR....

Sintoo moito pero non me deu tempo a entrar nos blogs e comentarvos, prometoo facelo en breves, o venres por fin poderei ter conexión durante un par de horas e poreime o día.

VÓTOVOS DE MENOS, MILES DE BICOS.

domingo, 17 de febrero de 2008

FINALMENTE O PORTO

Nin viaxe a Suecia, nin visita a Maru a Eslovenia, nin ir en avión.... nada de nada, finalmente irei a O Porto en coche.

O de Suecia non pode ser porque o meu mozo ten prácticas da universidade e non pode faltar, o de ir ver a Maru tampouco porque na semana que eu pdería ir ela está cunha actividade ineludible das clases.

Total que colleremos o coche e iremos ó pais veciño, a ver un pouco da cultura e patrimonio portugués, xa sei que non está mal pero jo! eu quería ir en avión e ver a Maru en Eslovenia, ou ver un pobo de Suecia donde vive un amigo noso e que no inverno está cheo de hielo ...

Eso si, en O Porto saltareime o réximen e comerei o bacalao en tódalas súas salsas, é un plato que me encanta e os portugueses fano como nadie.

Estarei un par de días co meu amor, relaxados e disfrutando o un do outro.......... pero a espiña de ir en avión non se me quitou aínda. Outra vez será.

martes, 12 de febrero de 2008

ANUNCIO

En breves terei por fin a miña cámara dixital, anuncio que pronto chegaran fotos varias, das miñas camisas estilosas, da cicatriz da apendicitis, de min mesma con 18 kilos máis encima, de Carlos, de algunha de vós.... FOTOS E MÁIS FOTOS, chegarán axiña....

jueves, 7 de febrero de 2008

PARA TI LUCÍA

Adoro esta canción, creo que ten unha letra moi bonita, con sentimento, dirixida a alguén a quén se tivo que querer moito, para ti Lucia, para ti Lu, porque o mereces, porque eres única! Querémoste

Vuela esta canción para ti Lucia
la más bella historia de amor que tuve y tendré
Es una carta de amor que se lleva el viento
pintado en mi voz a ninguna parte
a ningún buzón.


No hay nada más bello
que lo que nunca he tenido
nada mas amado que lo que perdí,
perdóname si hoy busco en la arena
esa luna llena que arañaba el mar.


Si alguna vez fui una ave de paso
volví para anidar allí en tus brazos,
si alguna vez fui bello y fui bueno
fue enredado en tu cuello y en tus senos,
si alguna vez fui sabio en amores
lo aprendí de tus labios cantores,
si alguna vez amé, si algún día después
de amarme fue por tu amor Lucia, Lucia.

miércoles, 6 de febrero de 2008

TENSIÓN

Hoxe é un día duro, por eso creo que me doe tanto a cabeza, hoxe é día de noticias, serán boas , serán malas?, sexa como sexa, colleranse como ata agora, con forza, con ganas de seguir, de loitar....

Hoxe, teño medo, será un día de luz ou de oscuridade?

De momento é un día gris, aterrador, atas as 15:00 non saberei si me toca chorar de alegría ou de pena.

Non quero chorar, sólo quero un respiro, unha tregua, un descanso.... quero vela feliz, contenta, tranquila..............

viernes, 1 de febrero de 2008



Non hai cousa que máis odie que ter os pés frios, podo soportar o frío en todo o corpo pero esa sensación de ter dous cubitos de hielo en vez dos pés é algo que me supera, agora mesmo teño esa sensación e quédame unha hora de xornada laboral, teño que esperar 60 min para poder irme a casa, sacar as botas, poñerme os calcetíns de lana e as zapatilla e deixar de ter este frío que non me deixa pensar, non me deixa traballar, tenme paralizada....