jueves, 27 de marzo de 2008

HÉROES DEL SILENCIO


Hoxe pola mañá despertei con unha canción do grupo Héroes del silencio, ós 16 anos non tiña outra cousa na cabeza que non fora este grupo, cantos días tristes escoitando as súas cancións, cantas alegrías ó son da súa música...
Bumbury e os seus estiveron rondando durante moito tempo na miña cabeza, hoxe ó lembrarme deles, deime conta de que xogaron un papel importante na miña vida, o que é a música non?

lunes, 17 de marzo de 2008

OVOS RECHEOS

Non falo moito de recetas nas miñas entradas e non porque non me guste cociñar , que me apasiona.
Así que hoxe para que vouvos escribir unha receta de ovos recheos de atún con un toque persoal de pimenta e cebola, aínda que nun principio tiña medo de que fosen incomestibles, tiveron moito éxito.

Coces os ovos que che dea a real gana, cando enfrían sacas a casca e logo córtalos a metade. Nun plato mezclas as xemas cocidas dos ovos con cachos de cebola e aceituna moi picados, e logo añádeslle atún e pimenta negra. Para finalizar recheas os ovos con esa mezcla, polos boca abaixo nun plato e cúbrelos con maionesa (se é caseira moito mellor). Fácil, económico e para chuparse os dedos.

viernes, 14 de marzo de 2008

3 MESES E 4 DÍAS

O 11 de decembro ás 23:o4 minutos morreu o meu avó, tiña 90 anos, sei que é lei de vida e que algún día tiña que pasar, pero hoxe, un día calquera, un venres pola tarde no museo sen nada que facer.... de repente acórdome del, e JODER! VÓTOO DE MENOS!.

Tódolos día teño que ir a súa habitación porque alí está a miña avoa, durmían en camas separadas porque estaban acamados e tíñamos as camas destas hospitalarias para que non se fixen llagas.

Agora a súa cama segue alí, pero vacía, él xa non está. A veces penso que non é verdade e incluso abro a porta da habitación desexando velo alí outra vez e decíndome: "traeme o vaso de leite e a pastilla para dormir"

VÓTOTE DE MENOS!


Prometo non volver a darvos a brasa con esto polo menos ata que pasen outros 3 meses, sintoo pero necesitabao.

domingo, 9 de marzo de 2008

SIN ÉL

Hoxe xoga o Barcelona, contra o Getafe, moita xente di que Messi está acabado e que non se notará a súa ausencia no partido, eu non o creo, falta e eso notarase no cesped, pasará factura.

Xa o sei, son unha pesada co tema, pero non podo evitalo .... por certo CORTO Y CAMBIO porque empeza o partido e non mo podo perder, xa vos contarei como o Barcelona aguantou a duras penas o partido se Messi.

jueves, 6 de marzo de 2008

ERES O MELLOR




Hai moita xente que disfruta co seu traballo, que se sinte realizada coa súa profesión, que non se ve facendo outra cousa porque atopou algo que o fai feliz.

Cando alguén sae dun campo de fútbol chorando, de rabia, de impotencia, lesionado outra vez.. demostra TODO o que vale non sólo como xogador senón como persoa. Máis alá da fama e do éxito está un chaval de 19 anos que chora porque non poderá facer o que máis lle gusta en mes e medio, que chora porque o vive.

Messi é o mellor, sen dúbida, sen titubeos, sen miramentos.