martes, 29 de abril de 2008

PALABRAS ENCADENADAS II

ALEGRÍA


(non teño tempo para máis, asi que, como a Andu lle saleu redonda a súa entrada, aqui estou plagiando jiji)

sábado, 26 de abril de 2008

¿ALGUÉN QUERE UN GATIÑO?




A miña gata, Milú, acaba de ter descendencia, 3 gatos, un naranxa, outro negro e o último blanco. Non nos podemos quedar con todos en casa, asi que si alguén quere un "micho" leal, cariñoso e tranquilo xa sabe donde acudir.

Que tal o fixen rapazas? creedes que vendín ven ós meus felinos? jiji.

martes, 22 de abril de 2008

??????????????????????????????????????

Si teño que definir o meu día de hoxe creo que non sabería decirvos nada, nin frío nin calor, nin alegría nin tristeza, nin angustia nin euforia.... simplemente un día cero, un día no que prefiro non pensar porque sen pasar nada grave, nin acordarme de cousas tristes teño mal corpo, sinto que algo malo vai pasar en breves, teño esa sensación de que un duro golpe se acerca.

Quero que este día acabe, que mañán sexa mellor, ou polo menos non teña esta sensación de "vexoo vir".
Non creo que me explicara moi ben, porque hoxe é un deses días que sen saber por qué, estou espesa e non me saen as palabras. Bicos.

jueves, 10 de abril de 2008

OUTRA MULTA

A semana pasada tiven que ir con meu pai ó hospital, tiña que facer unha proba, a cita era as 11:30, sobre as 10:15 xa estábamos alí, intentando aparcar porque é un caos, cóches e máis coches, uns encima da acera, outros en doble fila, non había maneira, estaba todo colapsado.
Despois de intentalo 40 minutos e acercándose a hora da cita, encontrei un sitio, pero esa encima da acera.
Pensei que estando nun hospital non pasaría nada, e menos cando había un montón de coches no mesmo sitio.
Estivemos unha hora e media dentro e cando salimos, tachan, tachan, o coche non estaba, ESTA VEZ DE VERDADE e non como o falso roubo jijiji.
Leváramo a grúa, tiven que pillar un taxi e irme con meu pai medio drogado co sedante que lle deran para facela proba a buscar o coche. A broma saleume en 90 euros e aínda me ten que chegar a multa. O mellor de todo foi que eu aparquei o coche as 11:15 e a grúa levoumo as 11:27. Nin 20 minutos tardaron os capullos jijiji.
Vale, que eu aparquei encima da acera, e non se pode , pero coño, nese hospital é imposible aparcar.

miércoles, 2 de abril de 2008

ME CAGO EN TODO

Son bastante basta (por non decir moi), son o que diríamos unha mal falada, cágome en todo o que se menea e digo toda clase de tacos. Non estou cada cinco minutos soltando burradas, pero cando me enfado non hai quen me tape a boca.

A cuestión é que esta miña forma de falar ou de "cagarme en todo" tráeme discusións a diario coa miña nai. Según ela, son un "macholo" e unha maleducada, e pon o grito no cea cando a veces me cago precisamente en ese que supuestamente vive alí e é omnipresente.

Estou intentando controlarme para evitar disgustala, agora digo jolines e vez de joder, rallos y truenos, repámpanos, carambolas.....
Alguén se anima a decirme outras palabrillas para usar que non sean tan politicamente incorrectas jijiji.