miércoles, 25 de junio de 2008

O GALO QUIRICO

Este conto que vos vou contar vai do galo máis festeiro de todo o galiñeiro. Éche o conto do galo Quirico que ía para a voda do tío Perico.
Chegouche o día da voda e o noso galo ergueuse moi cedo. Lavouse, arranxou as plumas... ¡púxose como nunca se puxera! ¡Todo elegante! ¡Daba gusto velo! Pouco a pouco foise indo pola corredoira que levaba á casa do seu tío Perico.
Cando xa levaba un bo cacho andado viu de súpeto, xusto no medio da corredoira, unha gran bosta de vaca cun verme color rosa enriba. ¡Que delicia! ¡Que apetitoso! E entón chega a dúbida:
—¿Pico ou non pico? Se pico vou enlixa-lo pico, e non vou poder ir á voda do tío Perico. Pero se non pico, coa fame que teño non vou dar chegado á casa do tío Perico.
Despois de moitas dúbidas non puido resisti-la tentación e picou. ¡Vaia se picou,que todo o peteiro emporcou! E claro, agora máis dúbidas:
—¿Que vou facer co peteiro como o teño? Así non podo chegar á casa do tío Perico.
Todo preocupado, cheo de pena e co peteiro cheo de bosta, foi indo ata que chegou a un prado e alí viu á herba. Ó vela, o galo ocorréuselle unha idea:
—¡Herba, herbiña, límpame o pico que vou para a voda do meu tío Perico!
—Limpo, limpo, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
Nisto que a herba se pon a berrar:
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
Tanto berrou que o vermiño que tragara o galo Quirico oíuno.
—¡Estou aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai, si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro! —dixo, toda enfadada, a herba.
O galo seguiu o seu camiño ata que topou cunha ovella.
—¡Ovella! ¡Ovelliña! Come a herba que non me quixo limpa-lo pico para ir á voda do tío Perico.
—Como, como, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
Despois de atravesa-lo prado onde estaba a ovella entrou nun bosque. Alí atopou un lobo.
—¡Lobo! ¡Lobiño! Come á ovella, que non quere come-la herba, que non me quixo limpa-lo pico para ir á voda do tío Perico.
—Como, como, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
O galo seguiu o seu camiño, cada vez máis cabreado, ata que atopou cun gran pau.
—¡Pau! ¡Pauiño! Pégalle ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Pego, pego, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
——¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
—¡Que pau máis retorcido! ¡Máis que pau es un garabullo! —díxolle o galo antes de seguir co seu camiño.
Seguiu andando ata que topou cunha gran fogueira.
—¡Lume! ¡Lumiño! Queima o pau, que non quere pegar ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Queimo, queimo, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
Seguiu andando ata que chegou á ponte da aldea.
—¡Río! ¡Riíño! Apaga o lume que non quere queima-lo pau, que non quere pegar ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Apago, apago, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda

lunes, 23 de junio de 2008

A ROJA


Sintoo por algunha lectora que sei que non lle gusta o fútbol jeje, pero claro, toca falar do partido de onte.
Saltei da silla en inumerables ocasiós, gritei, emocioneime e veña, vou a decilo: chorei...
Pero coño, digo eu que é o mesmo que ir a un concerto de alguén que che gusta e o tes diante, faino ben, emociónache e acabas chorando do ben que cantou.
Pois co fútbol pasa o mesmo. Mereceron gañar, e Italia, aínda sendo os campeóns do mundo non puderon facer nada por remedialo, desta vez a suerte foi para nós.
E que pasará agora? Pois a min gustaríame que a final fose España-Alemania pero os rusos veñen con ganas de festa e Turquia pode sorprender ós alemáns como xa fixo cos croatas.
Para o xoves vou decir: España: 3 Rusia: 2

sábado, 21 de junio de 2008

HAGAN APUESTA SEÑOR@S

Esta noite non cerrei ollo, para os amantes do fútbol é un día de nerviosismo, mañá é o gran momento da "roja", que pasará....
Anímovos a que en plan "bruja Lola" digades o resultado de ESPAÑA-Italia(así en minúscula da a sensación de que poderemos con eles jaja).
Visto lo visto, Italia é a favorita, e non por o bo xogo que se gastan senon porque sempre teñen suerte e a balón parado nos penaltis(en caso de ter que ir claro) son do melloriño que hai.
Donde o veredes? eu estarei en boa compañía no bar de sempre rodeada de cervezas porque se gañamos voume poñer fina fina fina...

O mellor da roxa INIESTA, por suposto! A miña aposta é:

jueves, 19 de junio de 2008

DE VOLTA

Pois eso, que xa ando por aqui outra vez, un resumen rápido destes días:
- Alemania preciosa! sobre todo Boon.
- Os Lakers eliminados, perderon de cuarenta e algo puntos, o anillo finalmente para os Celtics.
- Domingo España-Italia as 20:45, que nerviossssssss!. A miña aposta é que caeremos en cuartos contra os campeóns do mundo, está cantado.
- Quédanme 13 días para acabar o contrato pero tachan tachan! Atopei un novo, todo un reto porque un novo proxecto aparece, cérrase un cilo e ábrese outro.
- Si sabedes donde podo conseguir música dos anos "cachimpun" pois avisade, tipo a saia de carolina e cousas así, xa sei que o emule pode sacarme dun apuro pero a verdade é que non atopei moita cousa.
- Non terei internet en casa, os de telefónica din que ata dentro de 3 meses non van poñer adsl rural donde eu vivo e paso de poñer a opción de banda ancha, ou será estreita ? jeje, bueno como se diga.

viernes, 6 de junio de 2008

98-88

Asi quedaron onte Os Celtics contra os Lakers no primeiro asalto da final da NBA.
Son futbolera de pura sangre pero o baloncesto tamén me apasiona, se no campo o mellor é Messi, na canasta o mellor é Kobe Bryant. E este non me iredes a decir que non está buenísimo como o que pasou con Messi non? jiji.

Aínda quedan varios partidos por diante pero a pregunta é: veremos a Gasol co anillo? Conseguirán os Lakers gañar o título despois de unha temporada de tantos altibaixos? Arrasarán os Celtics que veñen con moita forza?....

lunes, 2 de junio de 2008

MIAU, MIAU (por Alba y Loli)

ALBA:nwofnhwirufhwjfaqdfjnadfjadofweifhbwe
LOLI: vuelo estresante y con malos olores jeje pero vivita y coleando.
ALBA: perrea, uno el cruzaito, dos.......
LOLI: avión+bus+metro= prueba superada
ALBA: MIAU, MUUUUUUUUUUU, IOIOIOIO
LOLI: mañana visita a Colonia
ALBA: quiero vivir no quiero dormir (la tia no se queda frita)
LOLI: 30 grados en Rommerskirchen, y en Galicia 20 (por lo menos ayer)
ALBA: BUAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA
LOLI: de cena fruta y compota de ruibarbo que preparó Eva
ALBA: teteai (empiezo a cerrar el ojo pero aún resisto)
LOLI: las tripas me hacen Jua, arremotopitipoto arremotopitipa pin pan fuera, A CENAR!