domingo, 31 de agosto de 2008

A ARDILLA MÁIS CAMALEÓNICA DO MUNDO

Onte fun ó cine, chegábamos moi xustos de tempo polo que decidimos aparcar o coche no parking do lado, estaba todo colapsado, así que todos colaboramos mirando cara dereita e esquerda por si atopábamos un sitio libre. Mirando e remirando non atopei sitio pero si unha ardilla paseándose polo medio dos coches.
- Eu gritei: Ei! mirade unha ardilla, que bonita.
- Si que bonita, dixeron.
- ¿E unha ardilla ou unha rata? preguntaron.
Volvin a mirala e coño era unha GRANDE E ASQUEROSA RATA... como me pudo parecer unha ardilla? ...
O peor foi baixar do coche con aquel bicharraco rondando por alí.
Agora en frío penso que me choveu bastante porque as posibilidades de que houbese unha ardilla nun parking de Santiago son bastante escasas non?

miércoles, 6 de agosto de 2008

VAI POR TI


Carlos di que non falo del no blog, e a verdade é que ten razón, pero como eu lle dixen, tampouco fai falta que teña que estar en tódalas cousas da miña vida.
Hoxe sorprendeume porque leva uns días con algo en mente, algo que fará que a súa vida sea mellor e facía tempo que non o veía tan decidido, mellor dito, nunca o vin tan decidido coma agora a facer algo.
Asi que adiante, tes todo o meu apoio.

domingo, 20 de julio de 2008

ESPERO QUE ESTO NON SEA SEMPRE ASI

DESDE FAI 20 DIAS A MIÑA VIDA TRASCURRE DA SEGUINTE MANEIRA:

Levántome as 9:00,doulle voltas a temas de traballo, adianto cousas do traballo, como á 13:00, voume para o traballo(entro as 14:00), rómpome a cabeza durante 5 horas para tratar de sair airosa de innumerables problemas inesperados o largo da tarde, salo do traballo as 19:00 (ou e media máis ben), chego a casa póñome co ordenador, rexistro as sesións do traballo, sigo rompéndome a cabeza para tentar mellorar día a día, a sensación de non facelo ben invádeme por momentos... Dan as 2:00 da madrugada e decido plantar, déitome e non podo durmir, soño con cousas do traballo, a veces son pesadillas.... levántome e asi día tras día centrándome sólo en esto e sin apenas recursos na miña cabeza...

INSPIRACIÓN DIVINA VEN A MI!

jueves, 10 de julio de 2008

9 CAÑAS

Pois 9, son as cañas que me bebín esta noite, según o meu mozo son uns 3 litros, a verda e que me da igual , o único que sei e que me costou moito ir polos blogs de cada unha e intentar non cometer faltas de ortografía, non puden entrar no de Maru e Eva, supoño que me perdín algún episodio no que informades de unha nova dirección ou algo así, asi, que para min, porfaplis volvede a decirme que hai que facer para leervos.
En estos 14 días sen aparecer decirvos que:
- acabei un TABALLO E EMPECEI EN OUTRO, ESTOU CONTENTA...pero xa vos contarei porque ten tela o asunto.
- Ganamos por finnnnnnnnnnnn. sintooooo Pilar, pero aínda non me recreara jsajajajajajaj.
- Voto de menos as salidas da K, asi que donde queira que esteaS, porfa, da señales de vida, vótote de menos, miles de bicos para ti.
- Ando as voltas intentando poñer internet en casa............... esto vai para largo.........
- As cañas danme voltas .... sólo decir, que voto de menos os días que vos leía e comententaba a diario............BICOS PARA TODAS E ANIMOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO! PODEMOS CON TODO JEJEJEJEJEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE.

miércoles, 25 de junio de 2008

O GALO QUIRICO

Este conto que vos vou contar vai do galo máis festeiro de todo o galiñeiro. Éche o conto do galo Quirico que ía para a voda do tío Perico.
Chegouche o día da voda e o noso galo ergueuse moi cedo. Lavouse, arranxou as plumas... ¡púxose como nunca se puxera! ¡Todo elegante! ¡Daba gusto velo! Pouco a pouco foise indo pola corredoira que levaba á casa do seu tío Perico.
Cando xa levaba un bo cacho andado viu de súpeto, xusto no medio da corredoira, unha gran bosta de vaca cun verme color rosa enriba. ¡Que delicia! ¡Que apetitoso! E entón chega a dúbida:
—¿Pico ou non pico? Se pico vou enlixa-lo pico, e non vou poder ir á voda do tío Perico. Pero se non pico, coa fame que teño non vou dar chegado á casa do tío Perico.
Despois de moitas dúbidas non puido resisti-la tentación e picou. ¡Vaia se picou,que todo o peteiro emporcou! E claro, agora máis dúbidas:
—¿Que vou facer co peteiro como o teño? Así non podo chegar á casa do tío Perico.
Todo preocupado, cheo de pena e co peteiro cheo de bosta, foi indo ata que chegou a un prado e alí viu á herba. Ó vela, o galo ocorréuselle unha idea:
—¡Herba, herbiña, límpame o pico que vou para a voda do meu tío Perico!
—Limpo, limpo, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
Nisto que a herba se pon a berrar:
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
Tanto berrou que o vermiño que tragara o galo Quirico oíuno.
—¡Estou aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai, si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro! —dixo, toda enfadada, a herba.
O galo seguiu o seu camiño ata que topou cunha ovella.
—¡Ovella! ¡Ovelliña! Come a herba que non me quixo limpa-lo pico para ir á voda do tío Perico.
—Como, como, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
Despois de atravesa-lo prado onde estaba a ovella entrou nun bosque. Alí atopou un lobo.
—¡Lobo! ¡Lobiño! Come á ovella, que non quere come-la herba, que non me quixo limpa-lo pico para ir á voda do tío Perico.
—Como, como, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
O galo seguiu o seu camiño, cada vez máis cabreado, ata que atopou cun gran pau.
—¡Pau! ¡Pauiño! Pégalle ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Pego, pego, pero antes tes que dicirme onde está vermiño.
—Non sei, eu non sei.
——¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
—¡Que pau máis retorcido! ¡Máis que pau es un garabullo! —díxolle o galo antes de seguir co seu camiño.
Seguiu andando ata que topou cunha gran fogueira.
—¡Lume! ¡Lumiño! Queima o pau, que non quere pegar ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Queimo, queimo, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda do seu tío Perico!
—¡Ai si! ¡Pois agora por mentireiro non che limpo o peteiro!
Seguiu andando ata que chegou á ponte da aldea.
—¡Río! ¡Riíño! Apaga o lume que non quere queima-lo pau, que non quere pegar ó lobo, que non quere come-la ovella, que non quere come-la herba, que non quixo limparme o pico para ir á voda do tío Perico.
—Apago, apago, pero antes tes que dicirme onde está Vermiño.
—Non sei, eu non sei.
—¡Verme! ¡Vermiño! ¿Onde estás?
—¡Aquí, aquí! ¡Na barriguiña do galo Quirico que vai para a voda

lunes, 23 de junio de 2008

A ROJA


Sintoo por algunha lectora que sei que non lle gusta o fútbol jeje, pero claro, toca falar do partido de onte.
Saltei da silla en inumerables ocasiós, gritei, emocioneime e veña, vou a decilo: chorei...
Pero coño, digo eu que é o mesmo que ir a un concerto de alguén que che gusta e o tes diante, faino ben, emociónache e acabas chorando do ben que cantou.
Pois co fútbol pasa o mesmo. Mereceron gañar, e Italia, aínda sendo os campeóns do mundo non puderon facer nada por remedialo, desta vez a suerte foi para nós.
E que pasará agora? Pois a min gustaríame que a final fose España-Alemania pero os rusos veñen con ganas de festa e Turquia pode sorprender ós alemáns como xa fixo cos croatas.
Para o xoves vou decir: España: 3 Rusia: 2

sábado, 21 de junio de 2008

HAGAN APUESTA SEÑOR@S

Esta noite non cerrei ollo, para os amantes do fútbol é un día de nerviosismo, mañá é o gran momento da "roja", que pasará....
Anímovos a que en plan "bruja Lola" digades o resultado de ESPAÑA-Italia(así en minúscula da a sensación de que poderemos con eles jaja).
Visto lo visto, Italia é a favorita, e non por o bo xogo que se gastan senon porque sempre teñen suerte e a balón parado nos penaltis(en caso de ter que ir claro) son do melloriño que hai.
Donde o veredes? eu estarei en boa compañía no bar de sempre rodeada de cervezas porque se gañamos voume poñer fina fina fina...

O mellor da roxa INIESTA, por suposto! A miña aposta é: