viernes, 25 de enero de 2008

A DESPEDIDA

Chegou o día, hoxe é o momento no que a Maru y eu nos despediremos oficialmente, en 5 días estará en Eslovenia.
Non estou triste, bueno, vale, un pouco si, pero tamén me alegro por ela, porque empeza unha nova aventura na súa vida e seguro que estará chea de alegría.
As 9 é a nosa cita en Santiago, estarán os seus coleguillas do piso e tamén DA, eu chegarei coa miña tarta de queixo ó forno e queixándome dos meu sobrepeso coma sempre, logo coñecerei os compis de piso e a cear, comida rica seguro porque a MAru cociña de vicio.
Sairemos, escederémonos e teremos resaca, pero todo dará igual porque pasarémolo moi ben e disfrutarei dela antes de que se vaia.

Disfrutarei da miña media naranxa, DA MIÑA MELLOR AMIGA!

O que ela me ofreceu xa fai agora uns 9 anos é a incondicionalidade e o seu incansable apoio,
fasme sentir ben e eso non hai quén o paque.

Votareiche de menos, pero non estarei triste porque temos o blog, temos o messenger (a min tamén me encanta LU) e temos eso que se chama AMISTADE para alimentarnos mentras estés ó outro lado.

DESÉXOCHE O MELLOR NESTA NOVA ANDANZA! QUÉROTE!

miércoles, 23 de enero de 2008

PROHIBIDO



Teño fame e non podo comer aquelo que me gustaría, hoxe estou decidida a comezar o meu réximen, ese que con moita paciencia e sacrificio me levará a perder nun plazo LARGO os 15 kilos que me sobran.

O único que me apetece é todo aquelo que está ptohibido nun réximen , osea, patacas, pasta, carne de cerdo, fritos e os DULCES, ai! como os vou votar de menos jijiji

Necesito a vosa enerxía positiva, mandádema toda porque estou flaqueando e aínda non levo nin 24 horas!!

domingo, 20 de enero de 2008

TILL THE END


6 ANOS E 3 MESES, Ese é o tempo que levo con Carlos, él sempre conta un ano menos, algo que me pon de moi mal humor.... Durante ese tempo non todo foi un camiño de rosas, pasamos por algún que outro bache pero seguimos aqui. Ata cando? non o sei, espero que outros 6 polo menos.

E COMO É ÉL?

1. Cariñoso
2. Divertido
3. Generoso
4. Listo, moi listo
5. Músico
6. Tranquilo
7. Confidente
8. Amante

Como todo bicho viviente, non é perfecto, ten as súas cousiñas pero eu non me quedo corta, así que solo podo decir que:

Nestes 6 anos (non 5 como ti dis) houbo un pouco de todo: enfados, reconciliacións, alegrias, penas, fracasos dos dous , acertos dos dous,momentos duros pero aqui estamos, só quero decir que CHE QUERO, con tódalas súas letras e gracias por seguir ahí, TILL THE END.

martes, 15 de enero de 2008

UNHA RAPIDA





A miña compi non veu hoxe a traballar así que podo escribir unha entrada rápida e comentarvos brevemente. Ata o venres non reaparecerei.

Leendo os vosos blogs vexo que a ninguén lle gusta a chuvia, a min tampouco e menos despois do que me acaba de pasar. A verdade é que levaba unha temporadiña sen sentirme megaestúpida pero claro, unha é patosa por natureza e antes ou despois me tocaría....

As 17:00 aparquei o coche, chovía (e chove) moitísimo e dábanme ganas de quedarme dentro del as 3 horas que tiña que traballar pola tarde. Armeime de valor, collín o paraguas (feito polvo) e decidinme a sair. A chuvia-vento era insoportable e o meu paraguas non resistiu o impacto, cobrou vida propia e deuse a volta, chegara o seu fin, Adeus paraguas.

Leveino ó contenedor e empecei a correr a toda pastilla para intentar mollarme o menos posible, levaba botas, esta vez sen tacóns pero unha delas falloume e resvalei, caín na acera e fíxenme dano nunha rodilla, os coches pasaban pero nadie paraba a votarme unha man, peor aínda o pasarme polo lado aínda me mollaban máis....
Levanteime como puden, cheguei a oficina toda empapada e de moi mal humor.

Estaba mega indignada coas miñas botas, saqueinas e empecei a darlle patadas e a insultalas pero non recibin resposta.. Fillas de puta, cabronas, toca pelotas......de todo lles chamei a aquelas dúas falsas que me valeron 100 Euros nas rebaixas, ódioas, xamais as volverei a poñer.....

Bueno, pode que dentro duns días cando se me pase o cabreo e queira sair a calle super estilosa as volva a poñer... pero de momento están castigadas e non gozaran da miña compañía ata nova orden, he dicho.

domingo, 13 de enero de 2008

SEMANA AXETREADA

Formax, así se chama a peluquería a que fun, estou contenta do resultado, prometo subir foto aínda que terá que ser dentro de uns días, a miña cámara tivo un accidente e danma arreglada o xoves.

Esta semana non poderei "bloggear" case nada porque estarei traballando fora da oficina e como ben sabedes non teño internet en casa. Non sei se poderei aguantar sen leervos, estoume dando conta de que son bloggeradicta..........

Estes días vamos a ter reunión cos director@s dos colexios para presentar o programa de sensibilización ambiental, esperemos que lles interese e acepten a nosa proposta para levala a cabo nos colexios.

Ando un pouco nerviosa, dáseme moi mal falar en público no traballo, e eso que son unha cotorra, pero a inseguridade pode conmigo.

Intentarei escribir aquí e alá na medida do posible. BIKIÑOS

viernes, 11 de enero de 2008

POR QUE NON TEREI UN ANDRE NA MIÑA VIDA

Hoxe pola tarde vou ir a cortar o pelo, nunca tiven unha peluquería de esas de toda a vida , nin un peluquero tipo André que me deixara divina de la muerte.

Teño o pelo por encima dos hombros, nin corto nin largo, nesa época na que queres deixalo medrar pero no que apenas podes facer un corte estiloso.

Estou de baixón con respeto ó meu físico, de sobra é sabido por todas que engordei uns 10 kilos e síntome ufffffffffffffffffffffff , mellor non o digo. A idea é ir a pelu e facerme algo que alivie a miña amargura mentres non consigo sacarme estes kilos de encima.

Que me podo facer no pelo? agora teño o flequillo posto de lado, poñoo recto? sácomo?, póñome estensións? rápome ó cero?, déixome cresta? ummmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm que farei, farei?

jueves, 10 de enero de 2008

POR FIN

Seguro que tod@s tivéchedes esa sensación de desexar moito unha cousa, de pensar nela continuamente e de soñar que algún día pasaría.

Pois eu teño moitos desexos, pero hai un deles que veño esperando dende fai moito tempo e que parece que POR FIN se vai cumplir.

A finais de febreiro voume ir de viaxe a Suecia e Finlandia, levo tanto tempo esperando este momento! vou sair de España! Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!

Espero que non se me fastidie o plan no último momento como cando foi de ir a Alemania, desta vez ten que ser, necesito que sea.

Sólo teño un problema, nunca viaxei en avión e atérrame a idea, pero bueno todo sea por cruzalo charco.

miércoles, 9 de enero de 2008

DISFRACES RECICLADOS

Quero propoñervos que as vosas mentes pensantes se poñan a traballar un pouco máis hoxe para axudarme co seguinte:

Pretendemos facer un taller de disfraces reciclados no pobo, que os nenos vexan que non fai falta gastarse unha pasta en disfraces, con un pouco de imaxinación e cousas que xa non nos valen podemos crear disfraces estilosísimos.

Asi que todos a imaxinar, a min ocurréuseme que con periódicos pódese facer un traxe de Meri Popins, con paraguas e todo... E ti que farías?

martes, 8 de enero de 2008

RESACA

Lonxe, moi lonxe quedan aqueles día de luxuria e desenfreno nos que saía, bebía e o día seguinte estaba como unha rosa. Agora xa non é así, madurei, saio menos ,bebo menos, MOITÍSIMO MENOS e cando o fago teño unhas resacas bestiales.

Non consigo entendelo. Se fai uns anos salía moito, bebía unha cuantas copas e o día despois atopábame ben, como pode ser que hoxe en día coas poucas veces que saio poda ter unha resaca abismal por beber un par de copas?.

Onte quedei con uns amigos que se ían a Suecia para despedilos, tomeime 2 cervezas "Estrella Galicia" e hoxe cando me levantei para ir a traballar pensei que morría, no puedo con mi vida! que dor de cabeza.


¿Alguén pode entender que me pasa? Necesito respostas

lunes, 7 de enero de 2008

ATA AS NARICES

Ata as narices de que pensen que son unha máis do clan

Ata as narices de que den por suposto que sei facer cousas das que non teño nin idea

Ata as narices de facer o traballo sucio

Ata as narices de que outros leven ó mérito

Ata as narices de agobiarme e sudar a gota fría con algo co que non teño que ver

Ata as narices de tanto despotismo e hipocresía

Ata as narices de estar ata as narices..........