miércoles, 31 de octubre de 2007

NON SE CANSAN

las consecuencias de un octubre seco

Un incendio intencionado arrasó 16 hectáreas en Moaña y otro amenazó anoche varias casas en A Guarda

Non sei a donde imos a ir a parar, pero aqui temos outro "minipunto" para sumar ó impacto medioambiental. Os incendios que asolaron boa parte de Galicia o verán pasado deixaron un panorama desolador. A zona donde vivo ( Rianxo) foi unha das máis castigadas polos incendios, aínda hoxe (e pasará durante moito tempo) se nontan as secuelas deses fatídicos días. O redor do meu pobo só se ven árbores queimados, quedan pequenos "cachiños" de monte que se salvaron das lapas, como o que hai ó lado da miña casa, todo un privilexio.

O incendio do 25 de Agosto foi unha tortura para os membros da miña familia, tíñamos a casa rodeada por varios focos, meu pai e irmáns subirón a tentar que non chegase o lume que se desprendía a escasos metros pola parte de arriba da nosa casa. Miña nai, uns veciños y eu situados na parte de abaixo da casa facendo o mesmo no outro monte cercano.Foron horas de angustia, non pódiamos respirar ben, a luz cortouse a causa do lume e apenas podíamos vernos os uns ós outros, a axuda non chegaba e o Concello tiña tódolos medios saturados.

Finalmente e tras varias horas de desesperación ; o meu pai que é un Heroe conseguiu facer un cambio de sentido (aínda non entendo moi ben como fixo) e o lume marchou noutra dirección. Gracias a él, a nosa casa e a dos veciños, está en pé, e podemos disfrutar dese cachiño verde do que vos falei antes.

lunes, 29 de octubre de 2007

EU SI QUERO SER NAI

Hoxe traio algo o blog que seguro todas pensamos moitas veces, e algunha de nós xa o ten moi claro, como por exemplo Eva. Resulta que onte, na comida familiar de tódolos domingos xurdiu unha conversa sobre ser nai, querer ter fillos, adoptar... Unha de miñas irmáns manifestou (como sempre que sae este tema) que ela non desexa ter fillos, nin hoxe, nin mañá, nin pasado.... Cando lle dis; vale, igual agora non é o momento, non estás preparada, pero o día de mañá.... Xa non deixa seguir, e di que os nenos son para quén queira telos.

Temos 9 sobriños de diversas edades, e salvo que fose estrictamente necesario, nunca se queda con eles, se ten que votar unha man xamáis lle irás decir que non pero por iniciativa propia non os levaría ó parque, ó circo.... Fai uns meses tivo que levar a dous deles ó circo, cando chegou pola porta, dille á miña cuñada "ufffff, que tortura, ata o ano non contedes conmigo para outra".

Ten 30 anos, leva 14 anos co mozo e agora fóronse a vivir xuntos, e Dios! non ten instinto maternal, non mo podo crer. Sempre pensei que ese pensar que ela ten se desvanecería co tempo pero parece que lonxe de marchar, aínda se afianza máis.
Eu pola contra creo que me paso de "meniñeira", gústanme de tódalas idades, da familia, dos veciños...Se quero ter fillos? SI, que me da moito medo non ser unha boa nai? TAMÉN, se quero adoptar?POR SUPOSTISIMO...

viernes, 26 de octubre de 2007

UN DILEMA

Teño un irmán traballando en Huelva, cando se foi deixou a outro de meus irmáns encargado de coidarlle o canario, cando chama por teléfono o primeiro que fai é preguntar por él, se comeu ben, se cantou.... A cuestión é que meu irmán (o encargado de coidalo) olvidouse de darlle de comer, e claro, o pobre estirou a pata. O dilema está en que unha parte da familia quere decirlle o que pasou e outra parte quere comprar outro o máis parecido posible ó anterior e correr un tupido velo....

A verdade é que o meu irmán tíñalle moito cariño o seu canario, pero de ahí a suplantalo.... Faime gracia ver como cada quén argalla un plan máis escandaloso có anterior, hai quén propón que se lle diga que abreu a xaula e marchou voando, outros que o comeu o gato... todo vale antes de recoñecer que morreu de fame. Faime moita gracia , non o sucedido, senón a diversidade de opinións, tramas... que xorden das mentes pensantes dos membros da miña variopinta familia.

jueves, 25 de octubre de 2007

COMER COMER E COMER

Que me gusta comer non é ningún secreto, que disfruto comendo tampouco,cheguei a pesar 95 kilos medindo 1.75m. Fai tres anos púxenme en mans dun endocrino e baixei 18 kilos, cunha dieta moi completa, só tiven que deixar de comer frito, e a carne de porco. O motivo de adelazar foi porque me cansaba, cansábame subir escaleiras, cansábame a sacala basura...

Tamén teño decir que ifluiu a miña autoestima porque aínda que sempre estiven "de bo dente" como di a miña nai, no me encontraba agusto conmigo mesma con 95 kilos encima, aínda que o principal motivo foi o cansada que me atopaba. O problema a tratar agora é outro, supoño que cando andades nerviosas, estades tristes... vos da por facer algo. Pois a min dame por comer, unha cousa é que me guste comer, pero outra distinta é que o estado de ánimo me incite a comer.

Cando estou nerviosa, ou teño ansiedade dame por comer, collo o que haxa na nevera, frio, quente, salado, dulce... a questión é comer. Ultimamente como moito, a tódas horas, estou pasando por momentos duros e a miña ansiedade pídeme comer e comer. Pasei de 75 kilos a 84, como siga así volverei en menos de nada ós 95, e non é cuestión de privarme de comer ou facer réximen, que xa o fixen moitas veces, senón de controlar a ansiedade que teño. Pero resulta difícil facelo se tes algo na cabeza co que tes que lidiar, se tes que afrontar cousas que xamais deberían ocorrer. Hoxe é un día deses snif, prometo ter só un por mes eh? non está nada mal non? je

Bueno vou seguir currando, quédanme 10 minutos para sair e estou ben acompañada dunha bolsa de patacas fritas e unha tableta de chocolate con almendras, xa case o zampei todo.

miércoles, 24 de octubre de 2007

ATENCIÓN, CHEGOU LUCAS Ó BLOG

Lucas, natural deRianxo, ten 3 anos e é un dos meus amores. Son desas tías que babean todo o día (igual que a Maru), pero de verdade que é un neno moi especial.

Empezou a andar os 10 meses e os 12 xa falaba, pero non só decía mamá e papá senon que era capaz de construir frases. Ten unha memoría increible, acórdase de cousas ocurridas fai tempo e se se trata de promesas que lle fixeches é capaz de transcribila conversación para que non teñas escapatoria e digas; é verdade, prometinche tal cousa.

Outro rasgo a salientar e que é infinitamente cariñoso, sobre todo coa súa nai, que non se cansa durante o día de darlle abrazos e bicos e soe decirlle "eres a miña preciosiña", non me digades que non é para comelo.

É un neno moi sociable, tódolos días vai o parque coa súa nai (outro dos meus amores) e os compañeiros de clase xa o están esperando para xogar, encátalle andar cas palas na area, pode pasarse horas facendo buratos.


Como podedes ver é moi traballador, nesta foto estaba intentando construir unha casa, tiña todo o necesario, ladrillos, area... e a súas ganas de facer cousas, nunca se cansa.

Espero que Alba teña en conta este gran rapaz que xa está pensando en facer casa e todo jeje.

Se algún día estades tristes, ou tivéchedes un día horrible, Lucas é a solución, arrancarache unha sonrisa queiras ou non, LUCAS A TUA TÍA QUÉRECHE CON LOUCURA!

domingo, 21 de octubre de 2007

CASI, CASI.

Está claro que a sorte non nos acompañou, foi unha carreira apasionante. Non vou a ser das que está contenta porque Hamilton quedara séptimo, ou que foi un alivio ver a copa de campeón do mundo en mans de iceman antes que nas del. Tampouco me vou meter en todos os asuntos turbios que acompañaron a Mclaren e Alonso durante todo o campeonato. En Brasil pasaron dúas cousas: Alonso non conseguiu superar a Massa e L.Hamilton pecou de novato.

O afillado de Dennis púdolle a presión e non aguantóu o tirón, supoño que as ansias de ser o corredor máis xóven que gañara o mundial sendo o seu primeiro ano na Formula 1 lle pasou factura. Cando Alonso lle adiantou debeu seguir detras porque esa posición chegáballe para superalo en puntos pero quixo máis e..... jodeuna ben jodida.

jueves, 18 de octubre de 2007

PÁNICO EN LA COCINA

Ayer por la noche estaba hablando con mis padres en la cocina, el tema a tratar, como no, era sobre como me salió la entrevista,la verdad es que mal pero seguí el consejo de la Maru (un par de cervecitas) y por lo menos no tenía la sensación de que el corazón se me iba a salir del pecho jeje. Yo estaba sentada, noté un cosquilleo en una pierna y........ Dios!!!!!!!!!!!! era una araña peluda, horrible y muy grande!. Mi peor enemigo es ella, prefiero que me toque un ratón o una serpiente. Lo único que pude hacer fué sacármela de encima y gritarrrrrrrrrrr. Mi padre (hombre robusto y valiente donde los halla) no comprendía mi pavor, le pedí entre lloros y gritos que la matase pero me decía riéndose que no lo haría porque a el no le molestaba. Finalmente y tras mucho insistir, aquel asqueroso arácnido conoció lo que era la suela de un zapato. Me fuí para cama muy enfadada con mis padres por haberse reído de mi. Tenía todo el cuerpo dolorido de lo rígida que estuve durante esos interminables minutos y cuando al fin consigo dormirme me acabo despertando a las 3 de la mañana con la cama llena de arañas, mi peor pesadilla en años. Asi que hoy estoy con un ojo delante y otro detrás por si acaso ha resucitado y quiere venganza.

miércoles, 17 de octubre de 2007

MIEDO ESCÉNICO

Hoy por la tarde tengo una entrevista, se trata de la fase final de una oposición de los Centros de Dia para Personas Mayores y estoy cagada. Soy una persona alegre, muy habladora y activa (Maru corrobora esto que si no quedo fatal je) pero todo cambia cuando tengo que ir a una entrevista, los 2 o 3 días anteriores no cierro el ojo, sudo, nervios en estómago, me he llegado a marear minutos antes de entrar a la entrevista,Y por qué?. Pues toda la seguridad que tengo en mi misma se me pierde por el camino, y odio que me pase eso porque fuera de esa media hora de sufrimiento tengo fé en mi misma y creo que valgo para ser educadora, lo siento, lo vivo, lo llevo dentro.. . Desearía que esto cambiara, no es la primera, ni la segunda a la que voy y la cosa pinta negro porque cada vez dejo más cosas en el tintero y hablo menos, frases entrecortadas y sin conexión... He asistido a cursos de preparación para entrevistas, la teoría me la sé pero en la práctica... Ultimamente me está entrando más pavor (si cabe) y se me pasa por la cabeza no acudir a la cita para no tener que pasar por esa agonía, porque para mi lo es. Alguien ha experimentado algo parecido?

martes, 16 de octubre de 2007

o meu primeiro dia

Teño que recoñecer que 4 días vendo o blog de Maru e xa me enganchei, asi que pensei ... que tal si fago un eu? Gracias a la Maru que me guiou teño o meu blog! O que pasa e que non teño a nadie que me escriba snif........ Asi que vou asa ó plan B: meterme no blog de Maru e convidar a todo Dios, malo será que alguén non me deleite cin algunha frasecilla jjeeeeeeeeeeee.