sábado, 22 de diciembre de 2007

42473




Tal día como hoxe pero do ano 2003 tocou o gordo a escasos 3 metros da miña casa, nun bar dunha aldea dun pobo dun concello dunha provincia da Coruña, o bar Lino, no Araño!
Aquel día foi increible: tocara o GORDO nunha aldeiña, non era o de sempre en plan gran cidade, non, non, foi no Araño, en Rianxo.
O malo dese día foi non poder disfrutalo en vivo e en directo,levaba apenas 2 meses traballando e doume reparo pedirlle o día libre ó xefe para ir á miña casa, ó bar de toda a vida a celebrar o acontecido, polo que tiven que vivir a emoción a 80 kilómetros. Arrepíntome de non haber saido correndo no coche e estar naquela festa, sobre todo porque ese día o meu avó que levaba uns dous anos na cama decidiu levantarse e ir ó bar, era millonario e a ocasión merecíao.Non puden ver como ós seus 86 anos, él que digamos non viveu nunca na abundancia agora tocáralle a lotería.Foron moitos os veciños que tiñan un décimo, non quero caer no de sempre, en decir que tocoulle a quen lle facía falta pero foi así. Toulle a familias que o necesitaban, o gordo sacounos de hipotecas, de vivir agobiados, de non chegar a fin de mes...
Xa fai catro anos diso é o balance que podo facer pasa por ter un coche , é a miña única posesión je pero é meu, gracias ó meu avó , e a vez á miña nai porque él reparteu ás fillas e as fillas ós seus fillos..... Preferiría non ter coche, que aquel día non pasase nunca e que él estivese aquí.

Hoxe tocou o gordo, como tódolos anos, e entre outros lugares tocou en dous sitios de Galia: Santiago e Carballo. Noraboa ós agraciados.

3 comentarios:

carmen dijo...

A mi no me ha tocado nunca el gordo de Navidad, entre otras cosas porque practicamente no juego nada, pero como tu opino que lo daria todo absolutamente todo, por que solo estuviera mi persona mas querida, con buena salud, por supuesto, un solo dia conmigo y poderlo abrazar y besar y decirle lo muchisimo que le quiero, estos son dias muy tristes para las personas como tu y como yo, pero hay que lanzar la vista adelante y seguir viviendo porque esto nunca va a suceder, te digo lo que le dije a Maru ellos estan en cada latido de nuestro corazon, escuchalo y veras como dice sus nombres, un fortisimo abrazo

Nat dijo...

yo no juego, pero aún así sueño con el día en que me gane el premio millonario!!! (aunque según mi madre, imposible que me lo saque si no juego, verdad? tiene algo de lógica el asunto)
jajajaja

Besitos Loli, espero que hayas tenido un lindo fin de semana, y me uno a lo que dice Carmen, la gente querida estará siempre en nuestro corazon, estemos donde estemos.
Felicidades!

Anduriña dijo...

Eu este ano só participei nun número cos meus pais e noutro, con PF, polo que as matemáticas no meu caso foron exactas: dúas probabilidades entre miles, o resultado foi cero patatero.
De tódolos xeitos, o bonito é a ilusión de ese día e cando lle toca a xente de a pé, que vive un pouco aforcada por tantos gastos, pois benvido sexa.
En canto a tocarnos outras loterías, todo o mundo rexeitaríamo-los cartos por ter con nós a familiares,amigos, ...que xa non están. Mais, tristemente, en contra diso, non podemos facer nada. Só recordalos para sempre como a eles lles gustaría.

Un bico guapa e Felices Festas