jueves, 22 de noviembre de 2007

CANTA IGNORANCIA

Non me canso de decir que son moi ignorante, hai tantas e tantas cousas que non sei que a veces dame a sensación de que os poucos coñecementos que teño caben dentro dun tubo de agullas. Gústame rodearme de xente que sabe moitas cousas, e que sabe de todo, para ver si se me pega algo jeje.

Menudo susto pasei onte por culpa da miña ignoracia. Estaba no ordenador do traballo visitando os blogs cando de repente oín moverse o ascensor ( si, ese de cristal que tanto lle gusta os diabliños dos que xa falei) e cagueime pola pata abaixo. Pensei ¿como ñons se move o ascensor se non hai nadie agás eu no museo?. A porta da entrada estaba cerrada (pero non con chave) e aínda non empezara a hora de visitas do museo.

O primeiro que se me ocurreu foi gritar : Manoloooooooooooo! baixa un momento porque teño un problema coa subvención de medio rural? (Manolo é un compañeiro de traballo que non estaba nese momento).Asi, se entrara alguén podía coller medo e irse ó saber que non estaba soa. Esperei un pouco, pero non pasaba nada, ata que finalmente se abre a porta do ascensor. Estaba cagando patatillas e imaxinándo un gran sable que en breves atravesaría o meu estómago.... Seguin esperando detrás da columna do despacho esperando o meu amargo final ...pero coño, o final non daba chegado. Continuei naquela parede uns dez minutos máis ata que chegou Juan, outro compañeiro.

Conteille o sucedido tatexando do medo que tiña; él, non paraba de rir e esto empezaba a mosquearme cada vez máis. Cando rematei de relatarlle todo dime: "non hai ninguén, o que pasa é que o ascensor de vez en cando sube e baixa e abre as portas por cuestións de mantenemento, está programado para que faga esto". Velaqui tendes a miña ignorancia, non sabía que os ascensores facían esta función..... e eu que pensaba que chegara a miña hora.

8 comentarios:

Pilar dijo...

joder, yo tampoco sabia eso del ascensor! Asi que no eres ninguna ignorante mujer, no te subestimes!! Pero está bien eso de llamar a Manolo, no vaya a ser...jejeje

Anónimo dijo...

Ai que ben escribe esta muller , e como me rio leendoa .

Gracias a es este blog puiden descubrir unha faceta da miña moza que non coñecia e é que ten unha gran facilidade pra escribir de xeito imaxinativo e orixinal ( vaia peloteo oiga).

E falando do comentario de hoxe pois , coñecendo o medicas que e pra algunhas cousas imaxinoma agachada detras da columna cun pau esperando a chegada do seu asesino e morro de risa jajaja.

Un Bikiño Lolaaa!

Carlos

多洛雷斯 dijo...

Gracias, pero ti non podes ser imparcial.... Non son tan medicas eh? ou si je.BIKIÑOS

Anduriña dijo...

Dios Loli, a verdade é que aínda que non queira reírme é imposible. A verdade é que tés un don especial para contar historias, sobre todo, para facelas divertidas e por iso che felicito.

Eu non diría que o feito de non saber que os ascensores fan iso sexa de ignorantes, xa que por esa razón, seríamos moitos ;-)...

Pártome só de pensar cando chamabas por Manolo, ja ja.

Biquiños,
Andu

LA MARU dijo...

Pues yo sí sabía lo de los ascensores porque yo soy una de esas personas que sé mucho y de todo.....¡QUE NOOOOOO! que no tenía ni idea, es más, estoy casi segura que no todos los ascensores lo hacen...¿¿o sí y he vivido en la ignorancia hasta ahora?? Bueno...lo que sea...que con lo grandota que eres seguro que no necesitabas a Manolo para defenderte de tu asesino de la catana, jajajja

Eva dijo...

Yo tampoco lo sabía.
Pero es que nunca he estado sola en un museo a horas en las que el museo está cerrado.
Ahora ya lo sé y me siento mucho más sabia por ello.

Anduriña dijo...

Que foto máis bonita!, é en Rianxo?
Boa fin de semana

多洛雷斯 dijo...

Si, é o porto de Rianxo antigamente, cando os barcos "aparcaban" o lado das casas je. Esta foto non podería estar aquí se non fose por E, e tampouco o tempo, que paciencia tivo conmigo... porque non me saia ó principio. Boa finde e BIKIÑOS