domingo, 31 de agosto de 2008

A ARDILLA MÁIS CAMALEÓNICA DO MUNDO

Onte fun ó cine, chegábamos moi xustos de tempo polo que decidimos aparcar o coche no parking do lado, estaba todo colapsado, así que todos colaboramos mirando cara dereita e esquerda por si atopábamos un sitio libre. Mirando e remirando non atopei sitio pero si unha ardilla paseándose polo medio dos coches.
- Eu gritei: Ei! mirade unha ardilla, que bonita.
- Si que bonita, dixeron.
- ¿E unha ardilla ou unha rata? preguntaron.
Volvin a mirala e coño era unha GRANDE E ASQUEROSA RATA... como me pudo parecer unha ardilla? ...
O peor foi baixar do coche con aquel bicharraco rondando por alí.
Agora en frío penso que me choveu bastante porque as posibilidades de que houbese unha ardilla nun parking de Santiago son bastante escasas non?

miércoles, 6 de agosto de 2008

VAI POR TI


Carlos di que non falo del no blog, e a verdade é que ten razón, pero como eu lle dixen, tampouco fai falta que teña que estar en tódalas cousas da miña vida.
Hoxe sorprendeume porque leva uns días con algo en mente, algo que fará que a súa vida sea mellor e facía tempo que non o veía tan decidido, mellor dito, nunca o vin tan decidido coma agora a facer algo.
Asi que adiante, tes todo o meu apoio.