viernes, 7 de diciembre de 2007

A TEMBLAR QUE ESTOU DE VOLTA



Despois de porme ó día nos vosos blogs terei que facer a miña entrada. A verdade é que levo máis de unha hora diante do ordenador e non consigo escribir algo que me convenza, todo o que intentei poñer acabeino borrando porque era triste. Asi que me dixen: vou ir ó baño, lavo a cara e volvo a sentarme para escribir algo que cando menos non sexa deprimente.... que non se diga ño!
E claro, estando no baño pensei en algo que me pasa moi a miudo así que vou falar sobre os peidos, gases, flactulencias... ou como lle queirades chamar, a pesar de que Carlos diga que é algo asqueroso para un post. Sede totalmente sinceiras/os, quen de vos nunca tivo problemillas deste tipo?. Se a alguén lle parece demasiado noxento que pare de ler XAXAXAXAXAXAXA! je je.
A miña nai dixome unha vez que comer cebola produce gases polo que intento non tomar demasiada (encántame), tamén procuro afastarme do café porque cada vez que o tomo vou pola rúa en "suspensión" (tirándome peidos todo o camiño). Dende que teño uso de razón os gases forman parte da miña vida diaria e fanme pasar auténticos apuros, da igual o que coma ou deixe de comer que non me deixan en paz.

Aqui vos deixo dous dos momentos máis vergonzosos:

1. Cena en casa de amigos, era verán e a pesar de ter unha boa terraza os anfitrións decidiron cear no salón, todo ben ata que me deu o apretón. Coa excusa de ver a lúa saio a terraza e desafógome, cando me dispoño a entrar vexo que todos saen co café na man para ver a noite estrelada conmigo. Non sei se chegarían a ver a lúa porque metéronse dentro outra vez en cuestións de segundos.

2. Saida da sala de cine, despois de comer palomitas e gominolas o meu estómago parecía estar a xogar un partido de fútbol. Vou ó baño (está petadísimo, unha cola enorme), Carlos espérame fora, aguanto como podo as ganas cunha dor inmensa por non poder votar fora todo o que levo dentro, cando porfin me toca, sigo aguantando porque hai demasiada xente. Pasan uns minutos e por fin quédome soa. Con total libertade deixo sair o que me viña molestando na última media hora de película. Como tardaba tanto, Carlos, abre a porta do baño e di: "Loli, estás ben, segues ahí?. Si, si, sigo aqui pero estou "peideando" tio, espera!. Cando saio, vexo dunas rapazas retocándose a maquillaxe,merda! non estaba soa como eu creía.

Teño algunhas máis pero por temor a ferir a sensibilidade de alguén vouno deixar aqui pero non sen antes decirvos un truco que a min me funciona:






Se vos tumbades na cama coas pernas para arriba é máis facil que saian. Seguro que antes ou despois teredes en conta a miña recomendación je. BIKIÑOS

6 comentarios:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Tan cerca de Rianxo e fun chegar aquí por medio dun blog de Eslovenia, que enrevesado é o Mundo. Gustoume a entrada que fixeches aquí no blog, gustoume a naturalidade. Os que padecemos de gases sentimonos identificados contigo, ;-) , je, je.
Bueno se che apetece pásate polo meu blog a botar unha ollada é http://caldelaodecaldelas.blogspot.com
Unha apertiña
Advertencia (trata de política, para que logo digan que non aviso)

Nat dijo...

Jajajajaja
Loliiiii
Pero qué verguenza!!!!!!

Empieza a fijarte en lo que comes niña!!!!


Jajajajaaja, me he reído mucho con tu post, gracias, me has alegrado un poquitín la mañana del sábado
Besitos

Anduriña dijo...

Eres única, a verdad. Hai que ter valor para facer pública esta declaración tan íntima ;-).

Non é un tema para nada bonito, pero sí natural, que a todos nos pasa en maior ou menor medida, sen embargo, non deixa de ser unha das situacións máis incómodas cando hai un grupo de xente e todos se preguntan ¿quen se despistou?, je je.

Biquiños,

Di

LA MARU dijo...

jeje,pues sí que disimulas bien tu problema. Tantos años viviendo contigo y es la primera noticia que tengo.
Yo también soy la reina de los gases y en el trabajo lo paso fatal porque el baño está en el medio y medio del departamento (y sin insonorizar) de manera que cualquier pequeño ruidito se escucha en todo la oficina. ¡Tengo que hacer malabarismos para disimular mis desahogos gástricos!

Pilar dijo...

Mi problema con ellos son los terribles dolores que me causan...estoy de los gases hasta las narices, además, como tomo muchas frutas y verduras, pues peor aún...
grrrrrrr
Un besito, ya estoy de vuelta, un poco d bajón porque volver siempre es duro, jeje

Eva dijo...

Me encanta el dibujo estilo años 50 de la chica echándose el pedete...
no sabía yo esa técnica.

Bicos, guapa